O Ximnasio MATS, en colaboración co Concello de Marín, organiza as II Xornadas
de Autoprotección de Defensa Persoal Feminina, unha actividade que se
desenvolverá os días 28 de febrero e 2 de marzo, de 10.00 a 12.00 horas, nas
instalacións do centro deportivo.
As sesións estarán impartidas por unha mestra titulada en Defensa Persoal
Feminina, especialista en Violencia de Xénero. A actividade é gratuita e todas as
mulleres que estean interesadas poden inscribirse no propio ximnasio (Rúa
Inferniño, 10, baixo) ou chamando ao teléfono 986890973.
Esta proposta valeulle ao Ximnasio Mats recibir un dos Premios Lazo Violeta na
celebración do 25 de novembro do 2022, en recoñecemento ao labor que fan na
procura da seguridade e da protección das mulleres.