Mostra de Maribel Longueira
Fecha
08/11/2023 - 08/11/2021
Hora
19:00 - 22:00
De CULTURA

A artista Maribel Longueira será a protagonista da exposición que se poderá visitar o próximo mes no Museo Municipal Manuel Torres e que se inaugurará ás 19.00 horas. Unha mostra protagonizada polo textil coloreado con tintes naturais, que nos fai reflexionar sobre a arte do tintado, como foi marcando a historia antropolóxica da moda e como a día de hoxe o natural foi substituído por cores sintéticas, utilizando incluso materiais perxudiciais para a saúde.

Licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, esta artista coruñesa leva desde 1990 adicada á fotografía, formándose con profesionais da imaxe como Chema Conesa, Isabel Muñoz, José Mª Mellado, Isaki Lacuesta, …Christian Caujoulle, Rickky Davila ou Castro Prieto, entre outros.

Na actualidade comparte o interés da fotografía co mundo textil, na súa faceta de cor, experimentando con diferentes fibras textís, lá, algodón, seda…

Anterior Andainas de Outono

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados