Desde Estrela de Marín, conxuntamente co Concello de Marín, poñemos en marcha a campaña de dinamización comercial “NOITE ESTRELA”, que se celebrará o venres 7 de xullo. Nesta actividade de incentivación ao consumo, os máis de 20 establecementos comerciais que participan, prolongarán o seu horario comercial ata as 23h da noite, ofrecendo desde as 20h descontos ou promocións co obxectivo de incentivar o consumo dos clientes. Nesta ocasión os establecementos participantes estarán ubicados nas seguintes rúas: Sol, Real, Concepción Arenal, Fondo do Saco, Jaime Janer, Méndez Núñez, Rúa da Ponte e Avenida de Ourense.
Como actividade de dinamización comercial, contaremos cunha “Ruta Máxica” composta por 4 magos, que se achegarán polos comercios e levarán a cabo pases de maxia de preto. Esta acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia e contamos coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a través do Pontegal.
Ademais, todos os tickets de compra dos establecementos participantes, que se efectúen durante toda a xornada do venres, e que se rexistren no formulario que se atopará en https://www.estrelademarin.gal/noite-estrela/
participarán no sorteo de 8 packs compostos dun xamón e dun estoxo de 3 botellas de viño ribeiro e de 2 tarxetas regalo de 50€ do “Comercio do Morrazo”.