É preciso inscribirse no Museo Manuel Torres, chamando ao 986891186. Hai un máximos e 60 prazas.
Desde o punto de vista museolóxico, abrangue dous ámbitos de actuación: por unha banda, a presentación e introdución do visitante nas diversas manifestacións culturais da prehistoria recente da península do Barbanza (megalitismo, arte rupestre, cultura castrexa) e, por outra, a difusión e posta en valor do patrimonio arqueolóxico dos castros de Neixón, tanto das ruínas arqueolóxicas como dunha parte representativa dos bens patrimoniais exhumados nas campañas de escavación levadas a cabo nos últimos anos neste xacemento arqueolóxico.
Visitarase tanto o centro de interpretación como o xacemento arqueolóxico.
– Saída de Marín ás 09:30 h.
– Regreso en torno ás 14:30 – 15:00 h.
– Autobús de 60 prazas, , con saída e chegada á Praza de España.