É preciso inscribirse no Museo Manuel Torres, chamando ao 986891186. Hai un máximos e 60 prazas.
Está situado no antigo convento de San Domingos de Bonaval. É un museo de carácter antropolóxico, pero tamén acolle salas de pintura, escultura e arte sacra. As principais coleccións están relacionadas coa cultura popular, gardando valiosos fondos referentes ao mundo mariñeiro e agrario.
Outras seccións son as de hábitat, arquitectura, oficios e imprenta, xunto aos espacios dedicados á sociedade. Igualmente posúe unha excelente colección do traxe e encaixe tradicionais, así como de instrumentos musicais.
Ademais será posible visitar a igrexa de Bonaval (séculos XIII – XVI) e o Panteón de Galegos Ilustres, onde descansan os restos de personaxes claves na historia de Galicia, como Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas ou Francisco Asorey.
– Saída de Marín ás 09:30 h.
– Regreso en torno ás 14:30 – 15:00 h.
– Autobús de 60 prazas, con saída e chegada á Praza de España.