Imaxe real:
- Nai: Rois, 1970. No máis profundo de Galiza, a desaparición dunha cativa fai tremer os cimentos da familia Bandín. Tan só o complexo plan dunha nai desesperada poderá esclarecer o destino final da súa filla (16 mins)
- Pura: Unha muller volta a casa para recordar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e as lembranzas (25 mins)
- Véxote: David e Lola van pasar uns días á casa rural do seu amigo Marcos. No medio da natureza buscan atoparse, verse (20 mins)
Animación:
- Sinopse: Andrea, unha anciá con Alzheimer, recibe a visita da súa filla Marta na residencia na que se atopa. Durante este encontro, terá unha épica batalla na súa mente contra un monstro que simboliza a súa enfermidade (4 mins)
- Platónico, platónica: Créame un título para un filme sobre o amor. Platónico, platónica é un ensaio audiovisual sobre as imaxes, o amor e a súa verdade. Porque sen amor non hai imaxe (9.30 mins)