Xornada de Presentación das axudas a proxectos ao abeiro da EDLP do GALP Ría de Pontevedra
Xornada de Presentación das axudas a proxectos ao abeiro da EDLP do GALP Ría de Pontevedra
Fecha
15/10/2025
Hora
18:30 - 20:00

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra (GALP-RP) continúa co seu calendario de encontros informativos sobre as axudas que xestiona a entidade no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. A vindeira cita será no concello de Marín, o vindeiro mércores 15 de outubro, ás 18:30 horas, nas instalacións do é Restaurante.

O obxectivo deste encontro é achegar ao tecido económico, social e administrativo da zona toda a información relativa á nova convocatoria de axudas. A sesión está destinada a empresas, persoas emprendedoras, entidades sen ánimo de lucro e colectivos vinculados ao mar que desexen coñecer as oportunidades de financiamento que ofrece o GALP para proxectos centrados na sostibilidade, a posta en valor dos recursos mariñeiro ou a diversificación da economía local.

A xornada arrancará coa presentación do é Restaurante como exemplo de proxecto beneficiario das axudas do GALP. A continuación, o equipo técnico do grupo explicará as bases da convocatoria, os criterios de selección, os requisitos e os prazos, e prestará asesoramento de cara á preparación de iniciativas que estean aliñadas coa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). O acto tamén contará coa participación da alcaldesa de Marín, María Ramallo.

Ao remate do encontro, as persoas asistentes poderán gozar dunha degustación de produtos do mar a cargo do chef Marcos S. Area, responsable do é Restaurante.
A asistencia é gratuíta, mais é preciso inscribirse previamente. Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar co GALP Ría de Pontevedra no teléfono 886 213 015.

Anterior Xornada de portas abertas do Centro de día de Marín

WEBS ASOCIADAS

2025 Concello de Marín. Todos los derechos reservados