Contacto | Tel.:986 88 03 00

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Charla “Hábitos de sono infantil e alimentación”

23 Xaneiro 17:30 - 19:00

23 de xaneiro, ás 17.30 horas CEIP A Laxe

Coidarse non é unha cousa só de maiores. Ter bos hábitos de vida e de alimentacións é
básico desde os primeiros anos da nosa vida e a educación xoga un importante papel para
adoptalos.
Así o entenden no CEIP A Laxe de Marín, un centro que aposta por unha educación
integral e saudable, na que o alumnado de Educación Infantil adica, dentro do seu horario
académico, unha sesión ao día a facer exercicio e a traballar a psicomotricidade.
Ademais, o equipo docente tomou a iniciativa de modificar o calendario de merendas, co
obxectivo de incentivar que os rapaces traian ao centro froita e outros alimentos
saudables.
Dentro desta estratexia, o centro anuncia agora un Ciclo de Conferencias de Escola de
Familias, que será inaugurado polo Dr. Alfonso Amado, neuropediatra pontevedrés que
está recoñecido como un dos mellores profesionais no noso país dentro da súa rama e que
vén de acadar o segundo posto na categoría de Neuroloxía na VI Edición dos Doctoralia
Awards.
O profesional falará sobre a importancia dos hábitos de sono infantil e a súa relación
cunha alimentación saudable. A charla será o xoves, 23 de xaneiro, ás 17.30 horas no
salón de actos do centro. A entrada será de balde e haberá servizo de ludoteca. O CPR de
Pontevedra colabora na organización da actividade.

Detalles

Data:
23 Xaneiro
Hora:
17:30 - 19:00
Categoría do Evento:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies