
Agosto 2020
Carlos Nuñez – Xira Lugares Máxicos
O músico Carlos Núñez estará tocando na Finca de Briz o próximo domingo 16 de agosto ás 21.00 horas. Unha oportunidade única para gozar en directo deste artista recoñecido internacionalmente, que non dubidou en engadir o Parque dos Sentidos na súa xira polos lugares máxicos de Galicia. O concerto terá entrada, que se poden adquirir a través de Ataquilla.com no seguinte enlace: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/parque-dos-sentidos/11514--carlos-nunez-xira-lugares-maxicos.html
Máis información »Outubro 2020
O pintor marinense Manuel Santos presenta unha nova exposición da súa traxectoria no Museo Torres de Marín
O Museo Manuel Torres acolle desde hoxe e até o próximo 31 de outubro unha exposición monográfica do pintor marinense Manuel Santos, que hoxe se presentou coa presenza da alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos e Itziar Álvarez. As pinturas realistas do artista marinense enchen de cor as paredes do museo, das que penduran cadros de toda a súa traxectoria, desde as súas primeiras creacións durante a adolescencia ata as súas últimas creacións, que son de enorme tamaño…
Máis información »Febreiro 2021
Herramientas Digitales para Emprendedores
Título: "Herramientas digitales gratuitas para emprendedores". Docente: Pablo Osorio Diéguez. Data: 24 de Febrero 2021. Hora 16.30 Duración: Unha hora e media Lugar: desde o Espazo de Emprendemento de Innovación Alimentaria de Marín A través da plataforma Zoom INSCRIPCIÓNS, A TRAVÉS DA PÁXINA DE AJE PONTEVEDRA (Pinchando no banner superior: http://www.ajepontevedra.es/)
Máis información »Xuño 2021
Xela Arias – Poeta nas Marxes
A vida e obra de Xela Arias, a escritora á que se lle homenaxeou nas Letras Galegas, poderán coñecerse máis a fondo na Biblioteca Municipal de Marín o próximo 6 de xuño. “Xela Arias, poeta nas marxes” é o título do documental de Beatriz Pereira que se programará para as 20.00 horas, coa colaboración da Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística. A capacidade do aforo será limitada e haberá que facer unha reserva previa no email museo.torres@concellodemarin.es…
Máis información »Día Mundial de Tecer en Público
A concelleira Cristina Acuña e Carmen, da Asociación de Tejedoras Laneras Cascabeleras, presentaron na Alameda o evento que organiza o colectivo en colaboración co Concello polo Día Mundial de Tecer en Público, que se celebra este sábado, día 12 de xuño. Máis de 70 persoas aficionadas a tecer daranse cita na Alameda, cumprindo coas distancias de seguridade e con todo tipo de medidas sanitarias, para realizar esta actividade en común, puidendo realizar calquera disciplina: ganchillo, calceta… Será de 16.30 a…
Máis información »Outubro 2021
Marzo 2022
Santiago Louzao presentará o sábado no Museo Torres o seu libro “Aquellos maravillosos años”
Este sábado, ás 12.00 horas, o Museo Manuel Torres acollerá a presentación do libro “Aquellos maravilloso años”, do marinense Santiago Louzao. Esta primeira novela do escritor, a cabalo entre Galicia e Cuba, supón unha viaxe ao pasado dun grupo de amigos, co propio autor como protagonista. A educación, a sexualidade, a música, as drogas e toda a maneira de vivir durante a adolescencia deste grupo de personaxes será o fío conductor da historia, que quere ser unha oportunidade de viaxar…
Máis información »Bolo do Pote
Nova edición da festa gastronómica adicada ao Bolo do Pote, que se celebrará o domingo ao mediodía, coincidindo coa Andaina dos Montes e Praias. A organización prevé o reparto de máis de 1.000 racións deste prato típico da cociña popular galega, elaborado con fariña de millo mollado en caldo e que se acompaña no prato con chourizo e ourella. O reparto das racións será na Alameda Rosalía de Castro e comezará a partir das 12.00 horas.
Máis información »