UN PROXECTO
GLOBAL
DE ORDENACIÓN
DO ESPAZO PÚBLICO

MARES é a aposta do Concello de Marín por ordenar o espazo de aparcadoiro público gratuíto do que dispón a nosa vila, a través de aparcadoiros disuasorios e dunha ordenanza de regulación do tempo de estacionamento en determinadas rúas comerciais.

Con esta estratexia integral, o espazo urbano será máis habitable e cómodo para todos e todas: para os peóns e os vehículos. Cada área de estacionamento ten a súa funcionalidade. Utilizala correctamente e apostar pola mobilidade a pé é una tarefa colectiva.

Facer recados, acudir ao Concello, xestionar un trámite, tomar un café e apoiar a nosa economía local… Se queres facer calquera desas cousas e precisas desprazarte no coche, podes aproveitar as prazas dalgunhas das rúas máis céntricas que forman parte da ZONA 2H.

Que é a ZONA 2H? Aquelas prazas nas que nun horario determinado o máximo que se poderá deixar o coche aparcado é de 2 horas. É a única limitación! Non haberá que pagar nin suporá ningún outro cambio, pero así garántese a rotación nestes puntos tan céntricos e demandados da vila.

ZONAS 2H

· Av. de Ourense: desde o paso de peóns, fronte ao parque infantil, ata a praza de España.

· Av de Ourense: desde o paso de peóns, fronte ao parque infantil, ata a rúa da Estrada.

· Av. Exército e Mariña: desde o mercado ata o monólito da Liberación.

· Rúa da Ponte: desde a zona de carga e descarga, situada fronte á fonte, ata o cruzamento con rúa do Sol.

· Rúa de Concepción Arenal: desde o cruzamento rúa de Jaime Janer ata rúa da Roda.

· Rúa de Concepción Arenal: tramo da beirarrúa impar, fronte á escola infantil “O Grupo”, ata o cruzamento con rúa de Méndez Núñez.

· Rúa de Jaime Janer: desde o cruzamento con rúa de Concepción Arenal ata rúa Busto de Abaixo.

· Rúa do Alcalde Ezequiel Massoni: beirarrúa impar (parque Eguren), desde o cruzamento con rúa Busto de Abaixo ata o cruzamento con rúa de Concepción Arenal.

· Av. de Ourense: desde o número 90 ao 96

Se vés traballar ou pasar o día a Marín e non precisas mover o coche en moitas horas, podes utilizar os aparcadoiros disuasorios que o Concello habilitou no casco urbano. Contamos con máis dunha decena de aparcadoiros públicos gratuítos. Consulta a localización destes aparcadoiros no parking minuto e verás que todo está máis preto do que pensas.

PRAZA DO REGUEIRO 60 prazas
SAGRADA FAMILIA 25 prazas
CONCEPCIÓN ARENAL 100 prazas
PONTE ZAPAL 50 prazas
VIRXE DO CARME 40 prazas
INFERNIÑO 60 prazas
REPÚBLICA ARXENTINA 70 prazas
JAIME JANER 50 prazas
PAVILLÓN DA RAÑA (USO DEPORTIVO) 100 prazas
CARBALLAL 50 prazas
OTERO ULLOA 1 25 prazas
OTERO ULLOA 2 40 prazas

PARKING MINUTO