O Concello anuncia a entrada en vigor da ZONA 2H GRATUITA a partir do próximo luns, 3 de maio

27 abril 2021

O Concello anunciou  que se comezou cos traballos de sinalización das rúas que están englobadas na ZONA 2H, que son o conxunto de rúas na que as prazas de aparcamento terán un horario limitado a dúas horas, de luns a venres, de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, e os sábados de 8.00 a 14.00 horas.

Tal e como recalcan desde o Concello, a ZONA 2H é gratuíta, non é coma unha zona azul ao uso, senón que simplemente se fai un control do tempo de estacionamento para garantir a rotación e así poder facilitar atopar un sitio libre para facer recados e realizar compras na economía local.

Estas son as rúas englobadas:

A Policía Local será a encargada de realizar un control, utilizando o sistema da MCam, que fai unha lectura das matrículas cando un coche patrulla pasa por unha destas rúas, xeolocalizándoas e marcando a hora na que aparecen estacionadas para controlar así se ese mesmo vehículo segue no mesmo sitio pasadas dúas horas.

Esta ZONA 2H é un dos piares do Proxecto MARES (Marín Estacionamento público gratuíto), que se sostén noutros dous: os aparcadoiros públicos disuasorios e a futura construción dun parking subterráneo. O obxectivo é trazar unha estratexia integral que permita ter un Marín máis ordenado, utilizando cada área de estacionamento de xeito racional.

Na web do proxecto (http://www.concellodemarin.es/proxectomares/) pode consultarse máis información, descargar o PARKING MINUTO que localiza todos os aparcadoiros disuasorios cos tempos a pé que os separan dos principais puntos da cidade, descargar o plano xeral do casco urbano coa listaxe de rúas da ZONA 2H e descargar un folleto informativo con todos os datos.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies