A alcaldesa María Ramallo dá a benvida aos novos alumnos da Escola Naval Militar nun inicio de curso diferente

A alcaldesa María Ramallo dá a benvida aos novos alumnos da Escola Naval Militar nun inicio de curso diferente

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou a Escola Naval Militar para recibir dun xeito diferente, aos novos alumnos que este ano comezaron a súa andadura académica na ENM.

Habitualmente, este acto de benvida realizábase no salón de Plenos do Concello, antes de que os novos alumnos fixeran a súa primeira saída á vila na que inician esta nova etapa das súas vidas. Pero as restricións sanitarias e as limitacións de aforo motivaron o desprazamento do mesmo a un dos salóns da Escola.

“Coma sempre, é unha riqueza absoluta poder contar cun centro de referencia como o voso na nosa localidade”, asegurou a alcaldesa, que afirmou ante todo o alumnado que a súa benvida “é extensible á que vos dan todos os veciños e veciñas de Marín”.

Ramallo fixo fincapé no esforzo que supón entrar na Escola. “Sabemos que suastes a gota gorda para poder conseguir estar nesta nova etapa da vosa vida, que cambiará, sen dúbida, o voso futuro”.

A alcaldesa animoulles a gozar “deste sitio marabilloso no que estades, pero con moito sentidiño”, en referencia á situación sanitaria na que nos atopamos, que esixe de extremo coidado e responsabilidade individual por parte de todos e todas.

Anterior O Concello apela á responsabilidade cívica no depósito de residuos voluminosos cunha campaña de concienciación

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados