A arte caligráfica e pictórica de María Sancho marcará o paso dos meses no próximo ano en Marín

A arte e os recordos fúndense nas ilustracións que a artista María Sancho realizou despois do confinamento daquelas portas de Marín que lle trasladaban ás vivencias da súa infancia. Así llo explicou esta mañá a artista á alcaldesa, María Ramallo, e á concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, que esta mañá recibiron á creadora no Concello.

Esas láminas de portas convertéronse nas follas mensuais dun almanaque único, que fai un percorrido pola historia común de toda a sociedade marinense e que destaca aqueles espazos que forman parte da infancia da artista e que quixo “retratar con todo o respecto e o cariño”.

A Igrexa Vella, a Rúa da Roda, A Navarra, o colexio da Inmaculada ou O Caixón son algúns dos puntos cuxas portas de entrada tomaron vida da man de Sancho e que se poderán ver, segundo adiantou a alcaldesa, nunha exposición no Museo Manuel Torres proximamente.

Ramallo quixo felicitar a Sancho polo seu “excepcional traballo, cheo de cariño e de detalle e dun valor artístico enorme” e afirmou que están a traballar conxuntamente coa artista para poder desenvolver un proxecto artístico máis ambicioso aproveitando as creacións de Sancho para poder pasar páxina tras cada mes de 2021 “cunha historia de Marín”.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies