A Biblioteca acollerá un concerto literario para nenos e adultos para descubrir a obra de Calero e Fraguas

A Biblioteca Municipal Vidal Pazos acollerá este sábado 3 de outubro ás 12,00 horas no salón de actos a actividade musical “Carvalho Calero e Antonio Fraguas: Cantando as nosas letras”, dirixido a todo tipo de público, a partir de nenos e nenas de 5 anos.

Esta actividade, enmarcada no programa “Ler conta moito” estará protagonizada por Xoán Curiel, que canta a Antonio Fraguas e a Carvalho Calero, facendo un percorrido musical pola obra destes escritores, engadindo experiencias vitais destes autores.

A entrada será libre até completar aforo (30 persoas máximo) e contará con todas as medidas de seguridade e de prevención asociadas á Covid19.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies