A Biblioteca Vidal Pazos afina o seu protocolo para a celebración de actividades culturais

A Biblioteca Vidal Pazos afina o seu protocolo para a celebración de actividades culturais

A Concellaría de Cultura leva estas últimas semanas traballando na elaboración de protocolos específicos para a utilización dos espazos culturais da vila, de tal xeito que cando estes acollan algún tipo de actividade poida facerse con todos as normas de seguridade, prevención e hixiene derivadas da crise sanitaria da Covid19 e asumindo todas as facilidades para poder levar un estrito control dos asistentes.

[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/09/Protocolo-uso-Biblioteca-2.pdf” size=”large” color=”blue”]Protocolo[/button]

As concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez, acompañadas do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Hugo González (que tamén elaborou un protocolo para a Aula Cemit) e da delineante do Concello, visitaron o salón de actos da Biblioteca Municipal Vidal Pazos, na que haberá un protocolo específico para cando sexa imposible acceder con anterioridade aos datos dos asistentes a un acto.

Este espazo, onde se desenvolven gran parte das actividades culturais de Marín, ten un aforo limitado de máximo 30 persoas sentadas no público e de dous poñentes na mesa principal. Dado que a limpeza dos locais farase nos días e horarios establecidos antes da Covid19, non se poderán facer cambios nos días e horarios sen autorización por parte da Concellaría de Cultura, non podendo acceder a dito local outros días nin horas das autorizadas.

Tal e como acontece noutros espazos, a asociación ou organización responsable do evento deberá anotar os datos de identificación e de contacto das persoas asistentes ao acto, para poder levar un control de seguemento e rastrexo exhaustivo no caso de que se dera algún caso positivo en Covid19.
Ademais, tal e como se recolle no anexo que se pode descargar no protocolo (colgado na web do Concello), o organizador asignará a cada persoa un asento numerado, que será rexistrado xunto cos seus datos, para coñecer en todo momento quen se senta ao lado de cada quen e así poder facilitar o traballo de seguemento aos servizo sanitarios.

Anterior Procedemento selección Técnico de xestión de administración xeral

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados