Contacto | Tel.:986 88 03 00

A cultura urbana darase cita de novo nun Marín Atlantic Open telemático

23 febreiro 2021

O Marín Atlantic Open, campionato galego de danza coreográfica e de hip hop, volverá congregar o mellor da cultura da danza urbana de Galicia, pero desta vez de xeito telemático.

Este evento deportivo e cultural, que leva varios anos celebrándose na vila marinense é clasificatorio para o campionato estatal, puntuando para o ranking nacional da Federación Española de Baile Deportivo e Competición. Nesta ocasión, tivo que adaptarse á nova situación derivada da situación sanitaria e optar por unha modalidade online.

A competición emprazarase para os días 27 e 28 de febreiro, o primeiro día dedicado á danza coreográfica e o segundo para a modalidade de hip hop. A emisión do evento será vía streaming no Facebook do Club de Baile Deportivo de Pasos-Baile Galicia (www.facebook.com/bailegalicia).

Ambos días, o inicio da competición será ás 11.00 horas. Hoxe remata o prazo para que os participantes envíen o vídeo da súa coreografía, xunto co formulario que deben cubrir para poder pechar a súa inscrición.

Tal e como explica o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, esta proba, organizada polo Club de Baile Deportivo Pasos-BaileGalicia, “é unha cita de referencia xa na comunidade para os amantes e afeccionados a esta disciplina”.

Ademais da colaboración do Concello de Marín, o evento conta co apoio de ENCE e da Deputación de Pontevedra.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies