A mocidade de Marín poderá aprender o procedemento de creación do mundo do cine

A mocidade de Marín poderá aprender o procedemento de creación do mundo do cine

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, presentou “Un día de cinema”, unha actividade cultural que estará dirixida a nenos e nenas de entre 12 e 16 anos e que consistirá na impartición de obradoiros relacionados ca sétima arte, para que a mocidade coñeza máis sobre a creación e a dirección dunha peza cinematográfica.
Segundo explicaron hoxe en rolda de prensa os organizadores, representantes da Asociación Cultural Big Ajajai, nos obradoiros explicaranse as nocións básicas relativas á produción audiovisual, desde a idea e o guión ate o proceso de montaxe e de edición de audio.
O obxectivo é pasar da teoría á práctica, por iso a idea será que a rapazada participante, en grupos, cree unha curta audiovisual, aplicando os conceptos que vaian aprendendo ao longo do curso.
Os obradoiros serán os sábados de 10.30 a 13.00 horas no telecentro de Marín, ubicado na Biblioteca Pública Vidal Pazos. As sesións comezarán en marzo e continuarán en abril e maio, ademais dunha última no 6 de xuño.
Nesta última data, presentaránse as curtas creadas polos participantes na Biblioteca Vidal Pazos. Esta proxección será ás 19,00 horas, pero non será a única actividade deste día de clausura.
Durante todo o día, estarán instaladas en Marín unhas carpas onde haberá un obradoiro de maquillaxe e efectos especiais, outro de stop-motion – onde aprenderán a rodar unha mini-curta de animación -, un posto de realidade virtual – no que se mergullarán nas profundidades do mar ou combaterán en batallas espaciais -, unha caseta de Chroma key – a famosa “pantalla verde” que lles permitirá gravarse no medio dun volcán, na Estrela da Morte ou no alto dun rañaceos -… E outras moitas cousas máis.
A maiores, o Museo Manuel Torres acollerá unha exposición paralela, do 4 ao 7 de xuño, que será temática sobre Star Wars.
En caso de estar interesado, as inscricións deberán facerse escribindo un mail a alcaldia@concellodemarin.es. Respetarase a orde de inscrición ate completar aforo.

Anterior O Concello reúnese ca directiva da CCMM de Ardán para avaliar o funcionamento da EDAR de Pastoriza

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados