Contacto | Tel.:986 88 03 00

A Policía Local e a alcaldesa, María Ramallo, fan entrega dos premios á gañadora da iniciativa #MarínEnCasa

A Policía Local de Marín clausurou, coincidindo co levantamento do Estado de Alarma na nosa comunidade, a súa iniciativa #MarínEnCasa, coa que animaban á veciñanza a compartir instantáneas divertidas ou representativas do seu día a día no confinamento, tendo como especiais protagonistas aos máis pequenos.

Estas fotos fóronse subindo a medida que se recibían á páxina de Facebook da Policía Local, resultando a de Xiana Méndez a que máis “Gústame” colleitou, cun total de 268.

A alcaldesa, María Ramallo, e o axente do corpo de seguridade Salvador Montes, fixeron entrega a Carmen, filla de Xiana, do premio, consistente nunha placa da Policía Local, un lote de material escolar doado por unha copistería de Vigo e un vale para dúas persoas para unha cea ou unha comida no Restaurante Camarote, que a pequena quixo regalarlle a seus pais.

A Policía agradeceu enormemente “a participación, e esperamos ter aportado o noso grao de area para que o confinamento teña sido máis levadeiro”. Tamén anunciaron que todos aqueles que participaron enviando a súa fotografía ou o seu vídeo serán obsequiados cun set de escritura, doado pola mesma empresa viguesa, que poderá recollerse na sede da Policía de luns a venres en horario de mañá.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies