Contacto | Tel.:986 88 03 00

A resintonización do TDT chegará ao centro de extensión de cobertura de San Xulián

O Concello de Marín informou de que a Xunta de Galicia poñerá en marcha a partir do xoves 13 as actuacións necesarias para resintonizar as canles de TDT no centro de extensión de cobertura de San Xulián.
Segundo explicaron fontes do organismo autonómico, o proceso consiste no apagado neste centro dalgunhas frecuencias de emisión actuais e o acendido das novas frecuencias asignadas. Deste xeito, os beneficiados poderán gozar das canles de TDT, que se distribuirán do seguinte xeito:

· Canle 24 (RGE1): TVE1, TVE1 HD, TVE2, TVE2 HD, Clan, 24H.
· Canle 31 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan HD, DKiss, Ten.
· Canle 36 (MUX AUTONOMICO): TVG, TVG2, GHD, G2HD
· Canle 39 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3 HD, Sexta HD.
· Canle 43 (MPE3): Telecinco, Cuatro, Divinity, FDF, T5 HD, Cuatro HD.
· Canle 45 (MPE4): Boing, Energy, Mega, 13TV.
· Canle 46 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Dmax, Gol.
· Canle 48 (MPE5): A3Series, Real Madrid TV, Be Mad, Ten.

Para poder seguir gozando destas canles, os interesandos deberán dispor da cobertura axeitada no devandito centro. Poden confirmar esta cobertura na web www.tdtgalicia.gal ou por vía telefónica, chamando ao 881 866 388. A continuación, bastará con realizar unha busca das canles no receptor do TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.
De maneira concreta, esta resintonización afectará aos seguintes lugares do termo municipal: Malvido, Xermade, Sobreiras, Currás, A Grela, A Bouza, O Carballal, O Casal, Igrexario de San Xulián, O Outeiro, A Pena e Caeiro, A Raña, Viñas Brancas, Cernello, O Igrexario de Santomé, A Torre, Bexa, Castro, O Con, Loira, Montecelo, Seixo e Soaxe.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies