Contacto | Tel.:986 88 03 00

A Xunta mellorará o entorno do Parque de Castiñeiras

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asinou hoxe un convenio de colaboración coa alcaldesa do concello de Marín, María Pilar Ramallo, destinado á creación e acondicionamento de parques infantís.

En virtude deste acordo, realizaranse melloras no parque de Castiñeiras, situado no parque natural de Cotorredondo, un dos cales dispón actualmente de elementos de xogo infantil que se adaptarán ás condicións de seguridade axeitadas.


Deste xeito, instalaranse dúas zonas de recreo diferenciadas. Por un lado unha zona 1 na que se disporá un conxunto de equilibro aventura, unha tirolina e un pórtico de randeeira dobre; e unha zona 2 na que se instalarán un equipo combinado, un pórtico de randeeira e balancíns de resorte, sendo todos estes elementos integradores co medio natural no que se atopan.

Neste enclave, as melloras, para as que a Xunta de Galicia achegará un importe de preto de 75.000 euros, completarán un entorno único, facilitando o gozo de adultos e nenos e poñendo en valor o turismo do parque natural.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies