Contacto | Tel.:986 88 03 00

A Xuntanza de Laboreras de Bolymar celebra a súa 13º edición

A Asociación Bolymar volverá encher o Pavillón do IES Illa de Tambo o Día de San Miguel, que se celebra o próximo domingo, de arte feita con bolillos. As súas representantes Josefa Domínguez, Saida Portabales e Conchi Beloso, presentaron hoxe no Concello o cartel promocional da 13º edición da Xuntanza de Laboreras, en compañía da concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez.
Esta xa é unha das citas imperdibles na vila para os amantes dos bolillos. Como noutras edicións, ocuparase todo o espazo do pavillón do centro educativo, xa que está previsto que acudan 528 participantes, a maioría desde diversos puntos da xeografía galega, pero tamén desde o resto do país, como unha asociación que virá desde Palencia.
A apertura de portas será de 10.00 a 14.00 horas, pola mañá, e de 16.30 a 19.00 horas pola tarde. Durante este tempo, poderá visitarse a exposición de tódalas novidades confeccionadas pola asociación durante o ano, así como os 15 postos de exhibición que se instalarán xunto ás mesas de traballo.
Todas as participantes recibirán un agasallo, ao igual que as mestras que participen na xuntanza, ás que a asociación quere outorgar un detalle de agradecemento, que lles será entregado pola tarde. Ademais, celebrarase un sorteo con obxectos cedidos polo comercio local e os supermercados de Marín, “aos que lles agradecemos moito a súa colaboración”, afirmou Conchi Beloso durante a presentación.
Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez considera que esta xuntanza “é unha ocasión extraordinaria para darlle á coñecer a todos os que veñen de fóra todo o que temos en Marín, especialmente nun día tan especial como o Día de San Miguel, unha Festa de Interese Turístico de Galicia, na que poden gozar da Danza de Espadas”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies