A XXII Milla San Miguel recibirá aos mellores atletas galegos

A XXII Milla San Miguel recibirá aos mellores atletas galegos

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os concelleiros de Deportes, Antonio Traba e Antonio Caíña, presentaron no Concello a XXII Milla San Miguel, a tradicional proba de atletismo que acompaña ao San Migheleiro e que este sábado encherá a Avenida de Ourense de corredores e amantes desta disciplina deportiva.
A proba, organizada xunto co Club San Miguel de Atletismo, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, será este sábado, 28 de setembro. “Esta edición, como as anteriores, preséntase moi atractiva, con cerca de 500 participantes que virán de toda España”, explicou durante a presentación o coordinador da proba, Gonzalo Méndez.
A xornada deportiva comezará cas millas de benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, de 10 a 16 anos, e seguirá cas carreiras dos máis pequenos, que se dividirán en tres categorías: de 0 a 3 anos, de 3 a 5 anos e de 5 a 7 anos.
A continuación, disputaranse as millas populares, nas que poden participar homes e mulleres que non teñan licencia federativa, e, despois, comezará a proba dos 5.000 metros, “que levamos facendo un par de anos en Marín e que está tendo moitísima aceptación, porque é nunha recta na que se corre moi ben”, afirmou Méndez.
Áas 19.45 horas, darán comezo as millas de élite, nas que competirán os mellores atletas galegos. Este ano contarase ca presenza de Jorge Puig, que tamén estivo na presentación desta mañá e que é “un dos favoritos para gañar a milla, procedente do Club de Atletismo Santiago”. Asimesmo, virá a Marín a correr a subcampioa de España e campioa de Europa de 10.000 metros, Esther Navarrete. Finalmente, ás 20.00 horas terá lugar a festa de clausura da proba deportiva, coa entrega de premios.
As inscricións para participar poden facerse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo ata o mesmo día de hoxe ás 00.00 horas.
Unha milla de moito prestixio
Segundo argumentou o coordinador do evento, “a Milla Urbana San Miguel ten moito prestixio para os atletas que veñen, pola cantidade de anos que leva facéndose e por ter feito aquí o Campionato de España”.
O Concello espera que, coma todos os anos, a milla sexa unha “gran festa, na que todos os que acudan a vela poidan gozar do mellor atletismo”.

Anterior Estreamos conta de Twitter

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados