Adxudicado o proxecto de renovación e mellora do alumeado público en Castro

10 maio 2021

O Concello de Marín traballa intensamente para dotar a toda a veciñanza, tanto do casco urbano como do rural, de servizos públicos de calidade. Por iso, realiza importantes inversións en materia de renovación, mantemento e outras cuestións relacionadas co alumeado público, o saneamento, o abastecemento…

Nesta ocasión, levarase a cabo unha renovación e mellora da instalación do alumeado público exterior no lugar de Castro, unha “actuación moi necesaria”, segundo fontes do Goberno local, dado que é importante reforzar este servizo naqueles lugares onde a instalación estea máis deteriorada e de tal xeito que se siga traballando na estratexia de renovación de luminarias que se está levando a cabo en todo o municipio.

A actuación resultou adxudicada á empresa Vilela Electricidad, por un orzamento de 53.529,76 euros, financiado a través dunha baixa do Plan Concellos. A empresa terá un prazo de 45 días para a elaboración dos traballos.

Esta obra suporá unha mellora da eficiencia enerxética de toda a instalación, substituíndo as fontes de luz actuais por luminarias de tecnoloxía LED. Tamén se renovarán todos os brazos metálicos xa existentes, e que se atopan nun avanzado estado de deterioro, e o cableado. Pero ademais reforzarase a dotación deste servizo, coa colocación de novos puntos de luz, que terán poste, brazo e luminaria.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies