As obras de mellora do comportamento hidráulico no río Lameira, na súa recta final

As obras de mellora do comportamento hidráulico no río Lameira, na súa recta final

A segunda fase das obras de mellora do comportamento hidráulico do río Lameira están próximas a finalizar. Así o avanzou o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, que visitou a zona recentemente xunto coa alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín. Segundo indicou Santos, a previsión é que os traballos estean rematados a finais de este mes de outubro.

Este proxecto foi un dos condicionantes para que se puidera construír o centro de saúde na parcela que se atopaba baleira entre a Travesía da Avenida de Jaime Janer, lindeiro á barriada de vivendas de suboficiais, e a Rúa Busto de Arriba.

Concretamente, nesta segunda fase as actuacións estiveron centradas no aumento do leito do río pola súa marxe esquerda, despois de que se levase a cabo esta mesma acción no parte que transcorre á beira do lavadoiro na primeira fase, na que tamén se ancheou a ponte.

O obxectivo final é o de evitar que os desbordamentos ocasionais do río afecten á infraestrutura sanitaria, para o que se realizou unha escavación na marxe esquerda do río de aproximadamente seis metros. Gracias a isto, a auga baixará polo seu traxecto habitual cando o río leve a cantidade de auga correcta e ocupará toda ese espazo gañado cando haxa desbordamentos.

Para realizar as labores de contención das novas marxes, a empresa Nexia Infraestruturas, encargada da execución da obra, aplicou técnicas de bioenxeñería, utilizando unha armazón de troncos de madeira. No que respecta á edificación que se atopa anexa ao trazado do río, proxectouse reforzara cun muro de formigón, no que están traballando nestes momentos os operarios.

Esta actuación, presupostada en 114.276,38 euros, fíxose con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e o Concello destaca a súa importancia, dado que con ela presérvase un dos recursos hidrográficos máis relevantes da vila, sen afectar ao novo edificio do centro de saúde.

Anterior Aempe e o Concello reafirman a súa colaboración pola pequena e a mediana empresa

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados