Asociación Persoas Xordas

Asociación Persoas Xordas

O motivo foi dar visibilidade ás persoas que padecen esta doenza e dar a coñecer a Asociación que leva traballando desde o ano 2005 en defender os dereitos das persoas Xordas a través de accións que fomenten a súa autonomía persoal, preveñan a súa dependencia e promovan a súa integridade plena.

Esta Asociación, con máis de  dez anos de traballo, difunde e sensibiliza sobre os entornos públicos e privados do seu ámbito de competencia sobre as características e necesidades específicas das persoas xordas, a loita pola accesibilidade universal, e a representación dos intereses das persoas xordas de Pontevedra e o seu área de influencia ante as administracións públicas competentes no desenvolvemento  personal e social dos ciudadanos do concello.

A Presidenta da Asociación explicou as accións que desenvolven e informou da necesidade fundamental do servizo de intérpretes de lengua de signos e guías de intérpretes de persoas xordocegas.

Para cubrir dito servizo, a asociación conta cunha axuda económica do Programa de Axudas de ENCE, pero para poder cubrir a totalidade do ano, solicita unha colaboración aos concellos limítrofes, xa que actualmente, entre Pontevedra, Marín e Poio, hay 1570 persoas con discapacidad auditiva. 

O Concello de Marín participará en dita demanda co obxectivo de que o Concello poida incluir o intérprete de linguaxe de signos, en actos públicos puntuais, para que as persoas xordas poidan disfrutalos.

Anterior Ruta das Praias

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados