Campamentos de conciliación 2021

 

Listaxe Campamentos

 

PAGO CAMPAMENTOS:

O pago do prezo público poderá realizarse mediante domiciliación bancaria, por pago telemático ou de xeito presencial nas oficinas da Tesourería municipal.

Para o pago por domiciliación bancaria, o solicitante debe autorizar ao Concello de Marín para adebedar na conta que se indique (da que o solicitante debe ser titular) o importe do prezo público. O cargo na conta será realizado o 4 de xuño de 2021.

A domiciliación que se autorice será exclusiva para o pago do prezo público de campamentos de verán do ano 2021, non afectando ao outros tributos ou ingresos de dereito público nin a períodos posteriores. Se o cargo do prezo público non é atendido nos prazos establecidos para elo, considerarase que NON foi efectuado o pago.

No caso de realizar o pago telemático, haberá de prazo ata o día 7 de xuño de 2021. Para elo o solicitante pode efectuar o pago con cargo a unha tarxeta bancaria a través da pasarela de pago do Concello de Marín.

O procedemento a seguir é o seguinte:

• Entrar na sede electrónica do Concello de Marín (sede.concellodemarin.es)
• Clickar na opción RECIBOS E IMPOSTOS > módulo de AUTOLIQUIDACIÓNS DE TAXAS E PREZOS PÚBLICOS > opción CAMPAMENTOS DE VERÁN
• Xerar a autoliquidación. Deberá efectuarse a correspondente autoliquidación por importe de 30,00 euros.
• Elixir opción de pago: unha vez elaborada a autoliquidación deberá escollerse a opción de PAGAR ONLINE, que o dirixirá a unha pasarela de pagos na que se pode efectuar o pago con cargo a unha tarxeta emitida por calquera entidade financeira.
• Efectuar o pago. Elixir a opción de PAGO POR LA PASARELA DE CECA e premer o botón de PAGAR CON TARJETA

Se o pago quere realizarse presencialmente nas dependencias da Tesourería do Concello de Marín, deberá ser en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 11 de xuño, para o que debe solicitar cita previa na sede electrónica do Concello de Marín ou chamando ao número de teléfono 986 88 03 00.

Nas vindeiras semanas publicaranse as datas das reunións previas ao inicio das quendas de campamentos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies