Comezan os traballos de mellora do firme do camiño rural que une Troncosa e Candóns

Comezan os traballos de mellora do firme do camiño rural que une Troncosa e Candóns

O Concello de Marín comezou no día de hoxe os traballos de mellora do firme do camiño rural que une Troncosa e Candóns, na parroquia de San Tomé de Piñeiro, coa realización dos labores de limpeza necesarios deste trazado previas ás actuacións de rehabilitación do pavimento deste camiño.

Estos labores de limpeza consistirán no desbroce de paseos e cunetas, contribuíndo así a que a escorrentía das augas pluviais sexa máis eficaz, evitando a contaminación do chan e a filtración das augas ata capas máis profundas.

Estes traballos foron adxudicados á empresa Construcciones obras y viales SA (COVSA) por un importe total de 32.649, 39 co IVE incluído.

Esta actuación está dentro do acordo asinado polo Concello, de participación no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado polo Fondo FEADER, ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, dependente da Consellería de Medio Rural.

Esta actuación entra dentro da estratexia continuada desenvolvida polo Goberno local de intervención nas vías públicas, para mellorar os servizos á cidadanía e ofrecer unhas infraestruturas de calidade e seguridade.

Os camiños rurais, como parte integrante da rede de comunicacións dun Concello, teñen unha gran importancia dado que, en moitos casos, resultan o único medio de accesibilidade. No caso do camiño de Troncosa – Candóns, son varias as necesarias melloras a levar a cabo, como é o tratamento da súa superficie pavimentada, reparando as fendas que se poden observar e que son consecuencia da utilización da estrada ao longo do paso do tempo.

Esta rehabilitación do firme realizarase ca extensión dunha nova capa de rodadura de cinco centímetros de espesor, que tamén mellorará a adherencia do pneumático ao pavimento.

O prazo de execución desta actuación será dun mes.

Anterior O Concello inspecciona o correcto cumprimento das normas nas terrazas dos locais de hostalaría da vila

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados