Contacto | Tel.:986 88 03 00

Conta atrás para a inauguración do Centro Terapéutico para Persoas con Alzheimer

O próximo luns, día 18, comezará a funcionar o novo centro terapéutico para persoas con
Alzheimer ou outro tipo de demencias. Esta instalación, impulsada por Afapo e o
Concello de Marín, ofrecerá obradoiros de intervención terapéutica, onde os participantes
realizarán actividades cognitivas, funcionáis, motrices e socializadoras.
Tanto a asociación pontevedresa como o Concello móstranse moi contentos da resposta
social que tivo esta iniciativa, que será totalmente gratuita para os usuarios, sendo o
Goberno local de Marín o que asuma todos os custes.
Das 15 prazas ofertadas, só queda una vacante. Se hai persoas ou familias interesadas nela
o una posibilidade de ingresar a alguén en futuros obradoiros, poden dirixirse ao
Departamento de Servizos Sociais municipal.
Os obradoiros, que estarán dirixidos por persoal especializado de Afapo, tratarán
fundamentalmente a persoas que teñen un deterioro leve ou moderado causado por esta
enfermidade, cas que convén seguir un criterio de estimulación das súas capacidades
residuais, coa fin de mantelas activas.
Serán todos os luns e mércores, de 10.00 a 13.00 horas, e procurarase ralentizar na medida
do posible a perda de memoria dos usuarios, así como as súas complicacións na
mobilidade e nas función motoras.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies