Contacto | Tel.:986 88 03 00

Convocado o XVI Premio de Narración Curta Concello de Marín

O Día das Letras Galegas homenaxea cada ano a autores e autoras que, na nosa lingua, conseguiron crear traxectorias literarias imprescindibles. A súa conmemoración ten outro obxectivo a maiores na vila marinense, onde o Concello trata de incentivar a novos talentos, cun certame literario que cada ano intercala a poesía e a narrativa.
Este ano é a quenda da narración curta. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, que esta mañá presentou publicamente o XVI Premio de Narración Curta do Concello de Marín, “co que buscamos dar un pulo á creatividade e á comprensión escrita”.
O certame terá dúas modalidades, unha para escolares dos centros educativos de Marín e outra aberta a todo tipo de público. No que respecta ao alumnado, o concurso está dirixido a aqueles e aquelas que están a cursar Primaria ou primeiro e segundo da ESO nos centros de ensino da vila.

Modalidade para escolares
Segundo se pode ler nas bases, que a partir de mañá estará colgadas na web do Concello de Marín, os traballos que se presenten ao certame deben ser inéditos, de temática libre e realizados en lingua galega, cunha extensión máxima de tres páxinas, tamaño DIN A4 por unha soa cara.
Cada centro educativo poderá presentar, como máximo, tres traballos por categoría, sendo as seguintes:
1º categoría: Educación Primaria (1º e 2º curso)
2º categoría: Educación Primaria (3º e 4º curso)
3º Categoría: Educación Primaria (5º e 6º curso)
4ª Categoría: Educación Secundaria (1º e 2º curso)
O xurado estará constituído por un representante de cada centro escolar que presente trabalos e que sexa profesor ou profesora de Lingua e Literatura Galega, pola directora da Biblioteca Municipal Vidal Pazos e por un secretario ou funcionario.


O resultado da deliberación do xurado publicarase ao día seguinte á avaliación e os premiados estarán convocados para recoller os galardóns o Día das Letras Galegas, 17 de maio, ás 12.00 horas. O Concello resérvase o dereito de publicar, total ou parcialmente, os traballos premiados no certame municipal.
Tanto na modalidade escolar coma no que respecta á de adultos, o prazo de presentación de traballos rematará o 20 de abril ás 14.00 horas.

Modalidade para adultos
No caso da modalidade de adultos, a extensión dos traballos presentados deberá ter entre cinco e dez páxinas, tamaño DIN A4 mecanografas a dobre espazo por unha soa cara, co tipo de letra “Roman” ou “Times New Roman” a 12 puntos de tamaño.
A temática tamén será libre e, igual que no caso dos escolares, o texto debe estar en lingua galega, ser orixinal e inédito. Os autores ou as autores poderán presentar as súas obras dentro do prazo establecido no Concello de Marín, entregando catro copias do relato e cun pen drive onde debe estar o arquivo.
A participación será anónima, polo que o relato unicamente irá acompañando dunha plica na que se indique na parte exterior un lema que tamén figurará na primeira folla, sen que poida suxerir que sexa un nome propio con apelido. No interior desta plica, introducirase o nome do autor/a, o DNI, o enderezo postal, o teléfono e demais datos de contacto.
Neste caso, concederase un único premio de 1.000 euros, ao que se lle aplicará a retención prevista na normativa do 21%. O xurado publicará o seu fallo nos medios de comunicación e se porá en contacto co autor/a, quen se compromete a acudir ao Concello de Marín para recoller o premio.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies