Curso de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais.

Curso de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais.

O Concello de Marín informa que ata o vindeiro lúns 23 de xaneiro está aberto o prazo para a preisncrición na proba de acceso ao curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais de 420 h. lectivas, que conta con 15 prazas.

Lembrar os requisitos de acceso:
1. Formación: Cumprir algún dos requisitos seguintes:
Estar en posesión do título de Graduado en ESO ou equivalente??
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2.
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
Ter superada a proba de acceso á universidade para mariores de 25 anos e/ou de 45 anos.
Ter as competencias clave necesarias, de acordo co recollido no anexo IV do RD 34/2008, do 18 de xaneiro, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.

Terán prioridade na selección:

Socorristas inscritos no Rexistro galego de socorristas que conten con experiencia profesional e non estean en posesión do mesmo certificado de profesionalidade.
Persoas das seguintes titulacións: TSAAFD, grao en ciencias da actividade física e do deporte, ou grao educación primaria con mención en Educación Física.

Para preinscribirse para as probas de acceso:
No teléfono 886204352 ou no enderezo de correo electrónico aedlmarin@gmail.com

Esta acción esta financiada ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos frupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do FEMP.

Anterior Solicitude bonificación Auga-Lixo-Sumidoiro.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados