Finalizadas as obras de mellora do comportamento do Río Lameira

Finalizadas as obras de mellora do comportamento do Río Lameira

As obras de mellora do comportamento hidráulico do río Lameira xa están finalizadas. Así o informou hoxe o Concello de Marín, que recordou que esta actuación foi un dos condicionantes para que se puidera construír o centro de saúde na parcela colindante.

Nesta segunda fase, que vén de rematarse, as actuacións centráronse en aumentar o leito do río pola súa marxe esquerda, despois de que se fixese esta mesma acción na marxe contraria. O obxectivo é evitar que os desbordamentos ocasionais do río afecten á infraestrutura sanitaria.
Nestes últimos días de intensas chuvias, a obra demostrou a súa eficacia dado que non se rebasou o límite do caudal e o comportamento hidráulico respectou as marxes do cauce. O Concello móstrase “satisfeito” polo resultado, pero anuncia que seguirán facendo as revisións e o seguemento pertinente, “para estar ao tanto do río e das súas posibles crecidas”.

Para evitar os desbordamentos, a obra contemplou a escavación de seis metros de profundidade, un espazo extra que o río poderá ocupar naqueles momentos nos que padeza crecidas moi significativas.

Para realizar as labores de contención das novas marxes, a empresa Nexia Infraestruturas, encargada da execución da obra, aplicou técnicas de bioenxeñería, utilizando unha armazón de troncos de madeira. No que respecta á edificación que se atopa anexa ao trazado do río, proxectouse reforzara cun muro de formigón, no que están traballando nestes momentos os operarios.

Esta actuación, presupostada en 114.276,38 euros, fíxose con cargo ao Plan Concellos da Deputación, e o Concello destaca a súa importancia, dado que con ela presérvase un dos recursos hidrográficos máis relevantes da vila, sen afectar ao novo edificio do centro de saúde.

Anterior Novo modelo de marquesiñas no rural

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados