Contacto | Tel.:986 88 03 00

Humor bibliotecario para reivindicar os libros e a escritura

A Biblioteca Pública Vidal Pazos luce desde esta mañá as viñetas da exposición “Humor Bibliotecario”, unha escolma de debuxos satíricos, “máis pensados para a sonrisa que para a gargallada”, que cedeu ao espazo o bibliotecario José Ramón Núñez.

A concelleira Beatriz Rodríguez estivo hoxe na inauguración da mostra, acompañando a  Núñez, que explicou que toda a recompilación de viñetas naceu por unha casualidade. “Un día topei cun grupo de Facebook, El Mundo de los Bibliotecarios, no que se ían colgando estas viñetas e comecei a coleccionalas, polo menos durante un ano, pero sen ningún proxecto en mente”.

Cando José Ramón comprobou que xa tiña cerca de 250 viñetas, considerou que se podía facer unha selección delas e convertilas nunha exposición ca que poñer un toque de humor nas bibliotecas de diversos puntos de Galicia.

Así, seleccionáronse os 212 mellores debuxos e instalouse a exposición na Biblioteca de Bueu, onde traballa José Ramón. Despois, a mostra recalou en Cangas e agora estará na vila marinense durante todo o que queda de ano.

“O meu obxectivo é o de reivindicar, a través destas viñetas, ao libro, á lectura e aos escritores”, explica o bibliotecario, que agradeceu o interese mostrado pola Biblioteca de Marín e pola Concellaría de Cultura na mostra.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies