Iniciada a plantación das árbores que ornamentarán á nova Avenida de Ourense

Iniciada a plantación das árbores que ornamentarán á nova Avenida de Ourense

24 febreiro 2021

A humanización da Avenida de Ourense é un dos grandes proxectos da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

Na vía coexistirán o tráfico peonil e o ciclista, coa creación dun carril bici que mellorará a mobilidade. O ancheamento das beirarrúas, a renovación do mobiliario e o cambio de toda a iluminación por unha que cumpra cos estándares de aforro enerxético serán os grandes eixos da humanización.

Tamén entra dentro do proxecto a remodelación do espazo verde e do arborado da vía. Precisamente, segundo explicaron fontes municipais, a primeira fase do paseo, desde a fronteira con Pontevedra, ten xa a súa execución moi avanzada e comezou ser obxecto da plantación das novas árbores, exemplares de seis metros de alto de perais en flor (Pyrus calleryanna president).

Nestes momentos xa están plantadas a metade das árbores desta primeira fase, para tratar de rematar canto antes este tramo de paseo. Os operarios da empresa adxudicataria, así a todo, xa están comezando a avanzar nas obras de humanización do segundo tramo, que vai desde a entrada ao Porto por Nodosa até a marquesiña da Praza de España.

No que respecta ás plantas, repartiranse no parterre do primeiro tramo, que está dividido por unha escaleira. A área máis grande mide aproximadamente 35 metros de largo. As especies elixidas que ornamentarán este espazo e que formarán parte das composicións serán distintos tipos de Nandina doméstica, de Leucothoe axillaris, Leucothoe scarletta e gramíneas como Muhlnbergia capillaris e algunha especie de Pennisetum alopecuroides.

En total, serán máis de 3.000 unidades de plantas que embelecerán a nova Avenida de Ourense, sendo especies elixidas polo bo aspecto que terán ao longo de todo o ano, cun mantemento sinxelo.

Por outra banda, o Concello asegura que pronto se poderán repoñer as dúas estatuas que xa figuraban na antiga avenida, a da carrexadora, de Ramón Conde, e a da parella.

Anterior A cultura urbana darase cita de novo nun Marín Atlantic Open telemático

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados