Contacto | Tel.:986 88 03 00

Marín aspira a conseguir tres distintivos de calidade Q para as súas contornas máis singulares

O atractivo turístico que ten Marín é unha das súas maiores fortalezas económicas, patrimoniais e culturais. Pero non é abondo con gozar das contornas das que dispón de xeito natural o municipio, senón que é preciso traballar no seu coidado, na súa mellora e na dotación dos servizos e recursos necesarios para que os destinos conten cunha calidade turística elevada.
Nesta liña está a traballar o Concello, tal e como se evidenciou na reunión mantida esta mañá entre a alcaldesa, María Ramallo, e as concelleiras de Medio Ambiente, Marián Sanmartín e de Turismo, Cristina Acuña, ca directora técnica do Instituto para la Calidad Turística Española, Maricruz Cádiz Gómez.
Nesta sesión de traballo, valoráronse tanto propostas realizadas por este organismo, coma outras expostas polo Concello para conseguir o distintivo Q de calidade turística, que foron, concretamente, a Finca de Briz, o Lago Castiñeiras e as praias. Esta proposta de certificación deriva do interese que mostrou o Concello no plan “Galicia apostando pola calidade”, xestionado pola Xunta de Galicia e que pretende conseguir o maior grao de satisfacción posible da experiencia turística nos diversos municipios da comunidade galega.
O obxectivo é poder converter enclaves en “espazos públicos singulares”, distintivo que, en ningún caso, é incompatible coa tramitación do ENIL (Espazo Natural de Interese Local) que se está a levar a cabo para Castiñeiras nin con outras distincións como as Bandeiras Azuis ou o EMAS.
As representantes do Goberno local acompañaron á directora a coñecer estes enclaves, sobre os que o Instituto elaborará un informe co que lle recomendará ao Concello realizar algunhas actuacións relativas, sobre todo, á mellora das instalacións, da xestión e dos servizos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies