Marín reparte os premios do Concurso de Decoración de Mascarillas de Entroido

Marín reparte os premios do Concurso de Decoración de Mascarillas de Entroido

17 febreiro 2021

Este ano tiñamos ganas de poñer as máscaras de Entroido, pero tocou manter postas as sanitarias para seguir loitando contra a pandemia e manter a responsabilidade. Por iso, e ante a necesidade de celebrar o Entroido dun xeito telemático e familiar, o Concello convocou á veciñanza a participar no Concurso de Decoración de Mascarillas de Entroido.

Con dúas modalidades -infantil e adultos-, o xurado fixo a súa deliberación para establecer, en base a un máximo de puntos, os tres premiados de cada categoría, aos que se sumou o sorteo dun premio de 100 euros para cada unha.

O xurado estivo composto polas concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez, a representante do Ateneo Santa Cecilia, Isabel Martínez Epifanio; a representante de Os Da Caña, Analía Ignacio Villanueva; a representante de Amigos dos Rapaces, Vanessa Souto Casais e o representante de Trompos os Pés, Jose Luis Lago García.

O sorteo realizouse esta mañá nas instalacións do Concello de Marín, da man da alcaldesa, María Ramallo, e dunha técnico do corpo de funcionarios do Concello, que todos os anos se viste de viúva para celebrar -incluso nestas circunstancias- o famoso Enterro da Sardiña de Marín.

Desde o Concello, queren agradecer enormemente a toda a veciñanza a súa participación e destacan “a enorme orixinalidade que se puido ver en todas as propostas que recibimos, o que dá conta de que temos un pobo cheo de boas ideas e que saben sacar o lado bo e artístico a este Entroido telemático”.

 

Relación de premiados:

Categoría Premio Nome da máscara Nome do premiado
Infantil 1º premio (200 euros) O mundo contra o virus Teo Rivas Amado
Infantil 2º premio (150 euros) El búho guardián Leo Campos González
Infantil 3º premio (100 euros) A súper máscara contra a Covid Pedro Aboal Meira
Infantil Sorteo (100 euros) Uxía Guimeráns
Adulto 1º premio (300 euros) La costurera Sandra Meijueiro Fernández
Adulto 2º premio (200 euros) Velorio con aforo Cristina González Sotelo
Adulto 3º premio (100 euros) A gatiña Rebeca Juncal Rosales
Adulto Sorteo (100 euros) Juan Antonio Martínez

 

 

 

 

 

 

Anterior Os colectores de roupa de Marín recolleron case 73.000 quilos durante o pasado ano

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados