Contacto | Tel.:986 88 03 00

Marín repartirá 200 composteiros individuais máis en Ardán e en Santomé de Piñeiro

A compostaxe é un modelo de xestión dos residuos orgánicos que xa está totalmente instalado na vila marinense, especialmente na modalidade individual. Despois de realizar o reparto de 100 composteiros en Pardavila o pasado ano outros 100 en Seixo o pasado mes, o Concello volverá a repartir 200 novas unidades, cedidas por Sogama, para aqueles que desexen implantar a compostaxe individual nas súas vivendas.

“Este modelo está a ter unha magnífica acollida”, asegurou esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, “polo que consideramos que é bo poder seguir repartindo composteiros polas diversas parroquias da nosa vila”.

Desta vez, repartiranse 100 composteiros en Ardán e outros 100 en Santomé de Piñeiro. Segundo explicou Sanmartín, “xa contamos con 20 persoas que quedaron anotadas na lista de espera do último reparto”, polo que terán prioridade á hora de recoller composteiros na primeira tanda.

Todos aqueles que teñan interese en coller unha unidade, poderán anotarse no Concello, no departamento de Alcaldía, ben de maneira presencial ou ben escribindo un correo electrónico a alcaldia@concellodemarin.es.

O primeiro reparto realizarase o mércores, día 4 de marzo, ás 19.30 horas, na Casa de Cultura de Ardán. O seguinte será o luns, 23 de marzo, na Casa de Cultura de Santomé de Piñeiro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies