Marín saca a licitación a explotación dos servizos da tempada de verán do 2021

05 febreiro 2021

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, informou esta mañá de que o Concello xa ten redactado o prego que regula as condicións económico-administrativas para o outorgamento de autorizacións para a explotación de servizos da tempada de verán do 2021 nas praias do termo municipal de Marín.

Este prego regula a explotación dos servizos de tempada de verán nas praias do termo municipal de Marín (quioscos de venda de xeados e refrescos, postos de aluguer de hidropedais, canoas, táboas de paddle surf…), que ocupan un espazo do dominio público marítimo-terrestre. Esta explotación será para a tempada de verán 2021, que abarca desde o 1 de maio ata o 30 de setembro de 2021.

De xeito concreto, existe un quiosco en cada praia, unha instalación de hidropedais en Mogor e outra de canoas e táboas de paddle surf en Aguete. Tal e como recolle o prego, de non ser posible a adxudicación dalgún destes espazos antes do 1 de maio, a duración da autorización para a explotación do servizo durará desde que se adxudique ata, igualmente, o 30 de setembro.

Fóra desta tempada, as instalacións deberán quedar cesadas, quedando todo ese dominio público que ocupa en perfecto estado e completamente desocupado.

O canon mínimo a abonar ao Concello para cada un dos lotes poderá ser mellorado polas ofertas dos licitadores, pero inicialmente serán as seguintes cantidades para cada instalación:

LOTE PRAIA TIPO DE INSTALACIÓN M2 CANON
LOTE 1 PORTOCELO 1 QUIOSCO DE 8 M2, CUNHA TERRAZA DE 31 M2 39 1.560,00 €
LOTE 2 MOGOR 1 QUIOSCO DE 8 M2, CUNHA TERRAZA DE 31 M2 39 1.560,00 €
LOTE 3 AGUETE 1 QUIOSCO DE 8 M2, CUNHA TERRAZA DE 19 M2 27 1.080,00 €
LOTE 4 LOIRA 1 QUIOSCO DE 12 M2, CUNHA TERRAZA DE 50 M2 62 2.480,00 €
LOTE 5 O SANTO 1 QUIOSCO DE 8 M2, CUNHA TERRAZA DE 8 M2 16 640,00 €
LOTE 6 MOGOR 10 HIDROPEDAIS 400,00 €
LOTE 7 AGUETE 8 CANOAS E PIRAGÜAS 320,00 €
LOTE 8 AGUETE 8 TÁBOAS DE PADDEL SURF 320,00 €

 

Nesta convocatoria poderán participar aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan unha actividade ou obxecto social cunha relación directa co obxecto do contrato, ademais de que será preciso dispoñer dos medios dos elementos persoais e materiais suficientes para poder explotar debidamente a instalación.

Para participar na licitación, será preciso presentar toda a documentación requerida no prego a través da Plataforma de Contratación do Sector Público. Unha vez remate o período da licitación, comezará a apertura de sobres para, finalmente, proceder á adxudicación.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies