Contacto | Tel.:986 88 03 00

Marín xa ten instalados os dous composteiros comunitarios no Sequelo e na Cañota

A compostaxe comunitaria xa é unha realidade no nosa vila. Despois de que o sistema de compostaxe individual, unha modalidade ofrecida polo Concello nas parroquias rurais e semiurbanas en colaboración con Sogama, tivese enorme éxito, o Goberno local decidiu apostar tamén por dotar á vila de dúas estacións comúns para compostar os residuos orgánicos, a través do “Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra”.

No día de onte, instalouse o composteiro que estará ubicado no Sequelo e durante a xornada de hoxe rematouse de colocar o da barriada da Cañota. Así a todo, o Concello afirma que aínda non se abrirá o seu uso, debido á situación de crise sanitaria que estamos a vivir e porque “sería preciso convocar ás persoas interesadas na súa utilización para poder explicar o seu funcionamento, pero iso non é posible facelo nestes momentos”.

Deste xeito, o Concello seguirá organizando estas instrucións básicas para que “no momento que sexa viable e seguro sanitariamente, poidamos abrilos para que a veciñanza poidan utilizalos”.

No que respecta ao mantemento, serán os operarios da Fundación Juan XXIII, coa que o Concello traballa estreitamente nas actividades de mantemento e coidado de xardíns e espazos verdes, co obxectivo de promocionar a inclusión laboral e social das persoas con discapacidade coas que traballa esta asociación.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies