O CEIP de Ardán conmemora o seu 30 aniversario

O CEIP de Ardán conmemora o seu 30 aniversario

O vindeiro 15 de novembro, desde as 09.30 ata as 14.00 horas, o CEIP de Ardán celebrará unha gran festa para conmemorar o seu 30 aniversario, unha data especial para este centro educativo, que día a día traballa por ofrecer unha educación de calidade a todo o seu alumnado.

O colexio convida a todos aqueles que queiran a participar desta xornada festiva, que servirá tanto para coñecer o centro na actualidade como para revivir partes da súa historia.

Está previsto que se proxecte un vídeo-presentación do centro e que actúe un grupo de gaiteiros para amenizar o evento. Asemade, haberá pinchos e castañas, típicas desta época do ano, e xogos populares, cos que se poderán entreter pequenos e maiores.

Anterior A obra de instalación do novo colector na Avenida de Ourense pospoñe a súa finalización ao primeiro trimestre do 2020

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados