O Centro Terapéutico de Briz reabrirá as súas portas o luns con 12 usuarios

O Centro Terapéutico de Briz reabrirá as súas portas o luns con 12 usuarios

10 abril 2021

A Finca de Briz acolle nas súas instalacións o Centro Terapéutico posto en marcha por Afapo (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras demencias de la provincia de Pontevedra), en colaboración co Concello de Marín.

Este servizo é gratuíto e supón unha ferramenta fundamental para o tratamento e o mantemento de pacientes que padecen esta enfermidade e que poden manter a súa calidade de vida traballando as súas capacidades cos terapeutas especializados que dirixen as sesións.

O Centro, que estivo pechado por mor da situación sanitaria, retoma este luns a súa actividade, con dous grupos. A primeira tanda será de 10.00 a 11.30 horas, con 7 usuarios, e a segunda, de 12.00 a 13.30 horas, con 5 usuarios.

Tal e como explican desde Afapo, aínda teñen 5 persoas pendentes de valoración por parte do seu servizo médico. Aínda así, poderían collerse cinco novos usuarios.

As familias que teñan interese en ocupar algunha destas prazas vacantes poden chamar, en horario de mañá, aos teléfonos 986 84 21 41 ou 986 16 04 42, indicando o seu interese en ocupar unha das prazas dispoñibles no centro de Marín.

 

 

 

Anterior O Auditorio de Marín avanza na súa tramitación coa aprobación inicial do estudo detalle

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados