O CIM ofrece diversas actividades aos centros educativos para que traballen co alumnado de cara ao 25N

A Concellería de Benestar Social, a través do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Marín, de cara á conmemoración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, colabora cos centros educativos, ofrecendo unha serie de actividades para que o persoal docente poida levar a cabo nas aulas co alumnado.

 

Educación infantil: A Caixa máxica de Igualandia

Esta é unha actividade de iniciación á lectura utilizando como fío condutor os contos infantís en valores de igualdade e contra a violencia de xénero “A caixa máxica de Igualandia”.

O alumnado coñecerá a dúas personaxes, Igualdina e Igualdín, que viven nun lugar chamado Igualandia. Queren facerlles un agasallo, unha caixa coas súas lecturas favoritas para ler na clase.

A boneca protagonista da historia foi fabricada artesanalmente por unha muller vítima de violencia de xénero marinense chamada Alma que fixo da súa experiencia negativa unha fortaleza. Ao non poder facilitar a boneca a cada centro, achegarase un cartafol da campaña para cada clase de Educación Infantil e unha lámina para colorear un corazón.

 

Educación Primaria: Un pensamento contra a violencia de xénero

Esta actividade ten como finalidade a creación de mensaxes/debuxos contra a violencia de xénero en positivo. Estas mensaxes escribiranse ou debuxaranse nun adhesivo que será facilitado polo Concello. O material estará a disposición de todos os centros educativos de Primaria que participen.

Estes adhesivos poderán ser pegados nos cadernos de cada crianza, ou en lugares visibles para que a mensaxe chegue a cada familia. O alumnado dos cursos nos que sexa recomendable o uso do bolígrafo usarán un facilitado polo Concello, deseñado coa bandeira que defende e visibiliza os dereitos das persoas do colectivo LGTBI.

 

Primaria, Bacharelato e ciclos

  • Exposición de arte fotográfica Cadeas Rotas

Para estes niveis educativos organizarase unha mostra que conta coa participación de mulleres vítimas de violencia de xénero marinenses que facilitaron a súa imaxe para loitar contra esta terrible lacra e tamén se lles repartirán os bolígrafos coa bandeira da diversidade.

O obxectivo é afondar na necesaria tolerancia e respecto cara a igualdade de trato e a non discriminación por calquera circunstancia persoal ou social, xa que o Concello que é unha cuestión fundamental para traballar cos centros educativos, reflexionando sobre a transmisión de estereotipos de xénero e favorecendo a toma de conciencia para unha educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero.

  • Película subtitulada en español EN EL TIEMPO DE LAS MARIPOSAS.

Este filme foi cedido ao CIM polo seu director Mariano Barroso para ser utilizado cos centros educativos marinenses na prevención e sensibilización contra a violencia de xénero.

A data do 25N para o Día Internacional contra a Violencia de Xénero conmemora o aniversario do asasinato das irmás Mirabal, Patria, Minerva e María Teresa, polo ditador dominicano Leónidas Trujillo no ano 1960. Eran coñecidas como as bolboretas polo seu activismo político-social e foron asasinadas por loitar contra a liberdade do seu pobo.

Achegaranse fotografías que foron enviadas polo propio director ao CIM nunha visita realizada á familia das protagonistas.

  • Carta aberta á liberdade

Este escrito, realizado por unha rapaza vítima de violencia de xénero vinculada ao CIM de Marín, supón un relato da súa experiencia vital, que será tra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies