Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello adhírese a un convenio da Fegamp e da Xunta de Galicia para a realización de probas PCR aos axentes da Policía Local

Os axentes da Policía Local estiveron desde o minuto un desta crise sanitaria en primeira liña, velando pola seguridade de todos e todas e garantindo o cumprimento das diversas medidas que se foron implantando para loitar contra o coronavirus.

Por iso, o Concello vén de anunciar a solicitude de adhesión a un convenio firmado pola Fegamp e pola Xunta de Galicia para poñer en marcha un programa de control da Covid19 entre os efectivos da Policía Local, tanto policías como auxiliares.

Deste xeito, realizaránselle aos axentes test de detección de Covid19 por parte do Sergas. En función do resultado dos mesmos e da presenza ou non de sintomatoloxía, o facultativo correspondente poderá tomar a decisión de completar o proceso de acordo co protocolo clínico vixente a día de hoxe nos hospitais públicos galegos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies