O Concello adicará o Premio Liberación ás ONGs da vila

27 marzo 2021

O Día da Liberación de Marín, que conmemora a xesta de Gago de Mendoza e as alarmas do Morrazo, será de novo diferente na nosa vila debido ás restricións sanitarias. A concelleira Itziar Álvarez e o presidente da Asociación Ademar, Manuel Torres, visitaron o cubo colocado polo Concello na Alameda Rosalía de Castro, no que se reproducen diversas esceas do cómic que se elaborou explicando a historia do heroe marinense.

A concelleira adiantou que o Premio Liberación deste ano será outorgado ás asociacións sen ánimo de lucro da vila:  AECC Asociación Española contra el Cánce; Asociación de acción solidaria Sor Elvira; Asociación Asociación amor en Acción Amenac; Asociación benéfica de ayuda al necesitado Sos, cáritas Diocesana Marín, Cáritas Diocesana Santomé, Voluntarias de la Caridad, San Vicente de Paul Comedor Benéfico.

O mesmo día 4, ás 13.00 horas, realizarase un pequeno acto contando con todas as medidas de seguridade onde un intérprete dos Chaneiros tocará o himno galego.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies