Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello de Marín aumenta o gasto nas praias co fin de que sexan seguras fronte á crise da Covid19

O Concello de Marín fixo balance esta mañá do gasto realizado durante este 2020 para os seus areais, que ascende a cerca de 300.000 euros, unha cantidade que se viu substancialmente incrementada debido á adopción de medidas de seguridade e hixiene necesarias dentro da crise da Covid19.

Dentro destas medidas de prevención, o Concello aumentou o presuposto para gastos e limpeza e mantemento dos areais, supoñendo un total del 58.612,20 €. Tamén houbo un incremento no material sanitario presente nas praias, cun prezo de 3.630 €, a ao que se sumaron equipos de desfibriladores automáticos, cunha inversión de 2.057 €.

Ademais, co obxectivo de garantir o cumprimento das medidas esixidas polas autoridades pertinentes, creáronse unidades de vixilancia especial para as praias con patrullas de Policía Local e servizos extraordinarios, no que se investiu un total de 29.137, 12 €.

Esta labor de concienciación cidadá reforzouse coa instalacións de diferentes mecanismos de advertencia, como equipos de megafonía, cun total de 3.751 €, ferramentas cartográficas para o cálculo de aforo nas praias, cun total de 3.611,85 € e lonas de advertencia fronte a Covid19, no que o gasto foi de 1.626,80 €.

Con esta dotación especial para os areais, o Concello busca que estes sexan o máis seguros posible tanto para a veciñanza como para visitantes, buscando que se cumpran todas as medidas de hixiene recomendadas para o seu desfrute.

A maiores realizáronse nos areais de Marín as accións habituais de cara o mantemento dos mesmos e posta a punto de cara a tempada estival como son as accións de acondicionamento da area, que tivo un custo de 16.335 €; o balizamento, cunha inversión total de 11.374 €; os labores de desbroce, tanto dos areais como dos viarios de acceso, cun total de 15.476,14 €, ademais do baleirado das fosas sépticas, cun custo de 12.089 €.

Por último, estarían os gastos nos equipos de socorrismo nos que o Concello asumiu un gasto de 97.889,85€. Ademais, adquiríronse táboas de rescate para os socorristas por un valor de 2.931, 23 € e unha pasarela enrolable para o acceso á praia cun prezo de 2.291, 74 €.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies