O Concello desbroza as zonas amplas cun tractor desbrozador para complementar o traballo de Juan XXIII

25 maio 2021

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou do inicio dos traballos esta semana do tractor desbrozador que actuará en 80 quilómetros de estradas municipais, que unen diversos núcleos de poboación.

Esta actuación compleméntase co protocolo de desbroce manual que leva a cabo a Fundación Juan XXIII desde inicios de abril, que actúan en zonas máis estreitas e nas que é mellor realizar o traballo a man.

Neste momento, o tractor desbrozador está actuando en Ardán e despois seguirá coas parroquias de O Campo e San Xulián. Tardarán aproximadamente un mes e medio.

Pola súa banda, os operarios de Juan XXIII están rematando cona zona II do mapa de desbroces, na contorna litoral.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies