Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello e Acemas continúan incentivando o Mercadillo de Seixo co sorteo de vales de 30 euros cada luns

A praza da Casa da Cultura de Seixo segue acollendo cada luns o recentemente inaugurado Mercadillo de Seixo, que nestes momentos ten unicamente habilitados o 50% dos postos debido ás medidas de restrición actualmente vixentes na nosa localidade por mor da pandemia do coronavirus.

A reactivación deste mercadillo era un importante reclamo dos comerciantes da parroquia marinense, que a día de hoxe seguen traballando cóbado con cóbado co Concello para a súa incentivación.

A través de ACEMAS, a Asociación de Comeciantes Marín Sur, cada luns sortéanse bonos por valor de 30 euros entre os que realicen compras ese día, para despois poder computar ese gasto de novo no propio mercadiño.

Hoxe o sorteo elevouse a 90 euros, debido a que se acumulou o montante das pasadas dúas semanas, nas que a choiva impediu que se realizase o sorteo.

Con esta campaña, Acemas trata de conseguir unha dinamización comercial na zona, incentivando este mercadiño.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies