O Concello inicia a elaboración dun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

O Concello inicia a elaboración dun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, reuniuse esta semana con membros da empresa Inova Labs para fixar as bases da elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), peza fundamental da estratexia que o municipio seguirá baixo o paraugas do Pacto de Alcaldes e Alcaldesas polo Clima.

O plan terá como obxectivo fundamental a redución de emisións contaminantes no termo municipal nun 40% cun horizonte temporal fixado no ano 2030. Para poder definir a estratexia de acción e elaborar o plan, realizaranse novas sesións de traballo cos equipos do Concello, así como varios encontros de traballo con representantes dos actores económicos e sociais máis relevantes da vila.

De todas esas aportacións, sairá o documento do Plan, que logo se porá en marcha. As accións e iniciativas que se desenvolvan nel terán aplicacións en distintos eidos: costeiro, portuario, rural… e servirán para conseguir unha vila máis limpa e máis sostible a nivel medioambiental.

 

Mellora do medio ambiente, tamén co Marín Dusi

Esa mellora na calidade de vida da xente e do medio ambiente é un piar fundamental tamén na Estratexia Marín Dusi, financiada nun 80% cos Fondos Feder da Unión Europa. A mobilidade urbana, coa humanización da Avenida de Ourense e a instalación dun carril bici, así como a mellora e remodelación do Paseo Alcalde Blanco, son bos exemplos diso.

Tamén o edificio proxectado para albergar o Auditorio terá un deseño de moi baixo impacto ambiental, implicando incluso cubertas vexetais en diversas fachadas e sendo un inmoble de gasto enerxético case nulo.

As luminarias que se instalarán ao longo da Avenida de Ourense tamén serán unha forte aposta polo aforro enerxético.

“Esta actuación conta cunha cofinanciación do 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea”

Anterior O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor mantén a súa apertura para o 13 de xuño pero con restricións

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados