Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello lanza un Programa de Actividade Física Saudable na Casa para manter o bo estado físico dos marinenses

O Concello de Marín quere que os veciños non se deixen de mover. Aínda que a desescalada permite de
novo facer deporte, moitas veces aínda será necesario reforzar os adestramentos na casa, sobre todo para
 aquelas persoas que queiran manterse nun bo estado de saúde.

Con ese obxectivo, a Concellaría de Deportes lanza un Programa de Actividade Física Saudable na Casa,
co que “evitar o sedentarismo, a través dun movemento controlado, pautado e seguro”.

O programa consistirá na publicación na web do Concello e nas redes sociais de vídeos nos que a
educadora física deportiva Raquel Carragal da Costa, de Alaia Saúde, dirixirá unha serie de rutinas, “que
recomendamos realizar entre dúas e tres veces por semana, durante polo menos 30 minutos”.

Haberá dous niveis para que cada persoa decida cal se adapta mellor á súa condición física: baixo e medio alto. No vídeo de presentación da iniciativa, a educadora deportiva asegura que é fundamental adestrarpensando “na calidade antes que na cantidade, escoitando ao noso corpo e sen sentir dor, porque ese non é o obxectivo”.

Cada día, subirase unha rutina nova, tendo un total de 11 sesións, e todas poderán consultarse de novo na
canle de Youtube do Concello.

Vídeo presentación:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies