O Concello leva a cabo actuacións de mantemento en distintos parques infantís

O Concello leva a cabo actuacións de mantemento en distintos parques infantís

09 marzo 2021

Os espazos de recreo para os máis pequenos da vila están sendo obxecto dunha inspección por parte do Goberno local, para así poder reparar aqueles elementos que teñan algún dano e realizar aqueles labores de mantemento que sexan necesarias segundo o estado que presentes estas áreas.

Tal e como explicou a concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, “actuouse especialmente nos parques da Virxe do Carme, no Parque Eguren e na Finca de Briz”.

Na urbanización da Virxe do Came, substituíuse unha escaleira dun equipo combinado que estaba rota e un poste. Ademais, reparáronse 40 metros lineais do elemento de madeira que delimita o céspede artificial.

No Parque Eguren, asegurouse de xeito provisional a peza dun elemento que está rota, á espera de que en breve chegue o recambio e se poda deixar totalmente reparado.

No que respecta ao parque infantil da zona alta de Briz, chorreouse e aplicóuselle un produto á madeira para facilitar a súa conservación. No parque do estanque, tamén foi chorreado todo o caucho e pintáronse dous elementos. Na área dos xogos musicais, substituíronse as madeiras que se atopaban en mal estado e renováronse baquetas e cordas avariadas. Tamén se levou a cabo o borrado de varios graffitis.

Por outra banda, independentemente de todos estes labores do día a día de mantemento dos espazos públicos destinados á infancia, a brigada de Limpeza realiza limpezas e desinfeccións constantes.

 

 

 

Anterior O Concello traballa cos clubs nunha oferta deportiva para nenos e nenas de cara ao último trimestre do curso

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados