O Concello limpará as marxes e os cauces dos ríos Lameira e Loira

O Concello limpará as marxes e os cauces dos ríos Lameira e Loira

Nos vindeiros días, o Concello de Marín iniciará os traballos de limpeza das marxes e dos cauces dos ríos Lameira e Loira e dos regos da Mouta, Cachadiña e Casás.
Este procedemento, que ten como obxectivo manter en boas condicións os recursos hidrográficos da vila, conta ca autorización de Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta que supervisa os procedementos que se levan a cabo nestas zonas naturais.
Na realización dos traballos, respectarase a vexetación de ribeira, poñendo especial coidado en conservar as especies de flora e fauna, necesarias para o desenvolvemento das funcións ecolóxicas do ecosistema fluvial.
Asemade, tomaranse as máximas medidas de protección na manipulación da vexetación foránea invasora, que será retirada e non se utilizará maquinaria pesada que puidese producir cambios na morfoloxía da canle e das marxes fluviais.

Anterior A Tesourería de Seguridade Social cede ao Concello o uso da primeira planta da Casa do Mar para fins sociosanitarios e asistenciais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados